xeoloxía e historia do concello de Cortegada(I).

CORTEGADA:

Xeoloxía: A superficie municipal desenvólvese sobre o interfluvio originado polo Arnoia e o Deva, que seguen a dirección leste-Oeste, formando vales perpendiculares ó río Miño. O substrato xeolóxico mostra unha disposición longitudinal con distintas bandas diferenciadas polo seu desenvolvemento. A parte occidental presenta granito de 2 micas con textura orientada e gran gordo. Ó leste corteada establécese o límite xeolóxico cos materiais paleozoicos e precámbricos que predominan na parte oriental do municipio, onde destacan os micaxistos de 2 micas, bastante alterados, ó lado dos xistos sericíticos sobre os que se configura unha morfología suave. Na parete Noroccidental,meréns, establécese outro límite que introduce  granito calcoalcalino cambiotita, de gran groso ou medio e sobre o que se forman torso u bólas.

En conxunto trátse dun relevo moi movido, como consecuencia da intensa degradación á que foron sometidos os niveis superiores de aplanamento, resultado dunha intensa morfoxénese fluvial que individualizou vales de fondo plano delimitados por interfluviais con vertentes abrupatas e moi erosionados.

Demografía: tendencia secular regresiva,. En 1900 habia 3,524 habitantes, dende entón perde población exceptuando unha lixeira recuperación nos anos 20 cun estancamento entre 1930-1940 debido á guerra civil, o peche de fronteiras e o illamento posterior.

Nos anos 60 recupera parte das perdas debido      

ó emprego xerado pola construcción de enconos

(Castrelo de Miño e Frieira) pero voltándoos perder nos 70 con destino á industria automovilística de Vigo.Nos 80 deuse unha pequena recuperación sendo os 90 ata entón a perda a nota dominante.

Historia: O desenvolvimento histórico do concello está cimentado case exclusivamente(a pesares da ara romana

de Zaparín adicada ó deus lar Ceceaigis).aos coutos monacais da ide Media (mosteiros de Celanova e Ramirás, éste último sería absorbido por Celanova) Durante o Antigo Réxime as parroquias agrupábanse en dúas xurisdicións: o Couto de Meréns( actuais parroquias de Louredo;meréns e Poulo de Gomesende), pertencente ó conde de Ximonde, e os coutos xurisdiccional pertencentes ó Monteiro de Celanova, A vestiaria (,cortegada ,Refoxos e Valongo)e San benito da Arnoia ( s benito,rabiño,seixomil,soutelo ).

Tense máis noticias do Couto xurisdiccional da Vestiaria (actual Refoxos) debido ó tombo de Celanova, no cal se conservan diplomas do século X,candó inda vivia San Rosendo o fundador, no cal varias aldeas como Refoxos aparecen como doazón ó Mosteiro por parte de pequenos e medianos propietarios (Gunteroda que doa o lugar d Refoxos cunha igrexa que herdara de súa nai aló na segunda metade do século X); así como preitos coas monxas do mosteiro de Ramirás ( O Picouto,ceanova) polas lindes de terras en Valongo( s. XIII),conflicto cos nobres de Soutomaior pola barca de paso en Filgueira,Crecente ( s. XVI) preito polas pesqueiras do Miño cos monxes de melón ( s. XIV) e preito co milite pedro Fernández de Zaparín( alcaide dos castelos de Sande e sta. Cruz) en 1218 denunciado polo abade por tomar posesións de terras monacais e abusar de vasalos seus.

A raíz da renovación dos foros de 1673 os colonos de Refoxos promoveron un ataque nocturno ó priorato de Refoxos, coa intención de matar ós monxes administradores, esnaquizaron o edificio e abriuse un preito que durou 17 anos na Real Audiencia, onde os monxes tentaron excomuñar ós rebeldes e facer misas ós santos co fin de saír gañando e co medo e que os colonos doutros coutos tomasen exemplo,como ocorreu en Arnoia,onde tamén protestaban contra a suba abusiva da renta de 65 foros.Finalamente ambas partes saíron satisfeitas do xulgado.

O priorato de Refoxos pagaba 20 foros de centeno corados na Tulla de Forxán(onde tb. se pagaban os de Arnoia(140 ferrados,repartidos en 20 foros,5 moios de viño,22 ferrados de pan terciado e 10 ferrados de castañas secas) 20 foros de centeno,en conxunto 128 ferrados de centeno e 86 ferrados de maíz.

Durante o século XIX o canón do Arnoia foi obxectivo do exército de Soult, que enviou ó traxe típico de paisano galego na guierrilla contra o francés.xeneral Loison a limpar todo o val do Arnoia de guerrilleiros que pudiesen complicar a toma de Allariz(lugar de paso cara Monterrey onde o Marqués de La Romana conservaba parte do exército regular tras do que ía Soult) polo que Loison se separou do resto do exército onde a desembocadura do Arnoia e pasou polos concellos de Arnoia,Cortegada ( Confurco de Louredo,Piñón) cometendo tropelías para conseguir alimentos para o seu exército e “limpando” a zona de guerrilleiros que se tentaban emboscar no canón tan desnivelado do Arnoia entre Cartelle,Cortegada,RAmirás…

En agosto de 1834, no contexto da guerra carlista, o capitán Xeneral de Galicia, conde de Cartagena, ordena que no distrito de Cortegada os curas xustifiquen as súas ausencias. Estivo a zona moi axitada, tanto a terra de Celanova como de Arnoia na guerra de 1836. O comandante militar brigadier D. carlos Talrá lanza un bando denunciando “la escandalosa y criminal apatía del país”_referíndose a Celanova e Arnoia_ impoñendo a todos os pobos suministros diarios de pan, carne, viño e 4 Reais por veciño ás tropas, menos ós pobos de Meréns e Rabiño “fieles” e dotados de boa organización miliciana. Tense noticia dun enfrontamento en Poulo de Mateo Guillade e as súa partida, na panteliña o 10 de outubro, da que sae vencido e fuxe a Portugal, aínda que en Xuño volta estar pola ribeira do Miño e Avia ( nestas guerras enfrontaríase Guillade no campo carlista e no liberal o marqués de Astariz e Alejandro Marquina)

O 22 de Xullo de 1838 prodúcese un choque en Refoxos, entre Guillade e o Marqués de Astariz, coronel de Monterrey e D. Alejandro Marquina,retirándose os carlistas por Avión. En Agosto dese mesmo ano Guillade volta entrar na provincia polo Sur,polo río Barxas e Padrenda, xa que os ricos ribeiros do Arnoia e Miño atraían ós facciosos, (que causaban o alborozo popular cando queimaban o libro de rexistros do concello). Seguindo un plan desposto polo marqués de Astariz, os cazadores de Monterrey con algunhas forzas de Cortegada atacaron a Guillade en Escudeiros (Ramirás) o día 15,ós primeiros tiros caeu morto Guillade e outros morreron afogados ó tentar pasar o Arnoia (logo o cadáver de Mateo Guillade se4ría levado a Celanova e Ourense).

O día 30 de Abril de 1841, o xefe político de ourense, Garría, ordea vixilar ó clero a as súas actividades frente á política desamortizadora, fixándose no caso do abade do Rabiño, quen ordeou ós 5 curas da parroquia a imposición no confesionario do pago íntegro dos diezmos y primicias. En 1845 o exclaustrado D. Vicente Lorenzo Puga, que vivía en Gomesende é acusado de agachar prófugos do exército.

Trala revolución de 1868 da “Gloriosa”, elementos extremistas tentan dasarmar a tropas leais ó novo goberno en Ourense,prodúcense barricadas e enfrontamentos,os elementos radicais son vencidos e con algúns partidarios manteñen en Trado un encontro coas forzas do goberno,onde pasan a Portugal.

Bibliografía.

Bouza Brey: “ritos agrarios y ceremonias propiciatorias del espíritu de la tierra”

“Inscripciones romanas d l provincia d Orense” CEG tomo XX

Otero Pedrayo: “orense y las tierras orensanas en el siglo XIX” CEG tomo XIV

“Ensayo sobre la desamortización eclesiástica en tierras de Ourense”

Cuaderno de Estudios Gallegos,pp89, fascículo XXX, tomo XX.

Advertisements
Publicado en Uncategorized | Etiquetado , | Deixar un comentario

Hello world!

Welcome to WordPress.com. This is your first post. Edit or delete it and start blogging!

Publicado en Uncategorized | 1 comentario